Durante moitos anos esta entidade desenvolveu multitud de actividades recreativas e culturais, tales como emisións de radio, ciclos de charlas e conferencias, romerías e convivencias, concursos de fotografías, creación dun grupo de gaitas, etc.

Como actividade cultural máis importante salientar a celebración do Día das Letras Galegas que neste ano 2005 concrétase nun ciclo de actividades que se levan a cabo durante o mes de maio en homenaxe a Lorenzo Varela, organizado polo Seminario de Estudos Galegos da Universidade de Murcia, o Centro Galego de Murcia e a Xunta de Galicia coa colaboración da Consellería de Emigración e da aula de cine da Universidade de Murcia. Os actos desenvolveranse na Sala Paco Rabal do “Colegio Mayor Azarbe”, son de carácter gratuíto e están destinados á difusión do idioma galego e do cine e do teatro vinculados a Galicia pola súa orixe, producción ou temática.

Como complemento a esta celebración o centro instalou unha carpa-pulpeira no “Jardín del Palacio de San Esteban”, onde os murciáns poideron degustar os productos gastronómicos galegos durante os días 18 ao 21 de maio.

Entre as actividades recreativas destaca a celebración do Aniversario do centro e a Festa anual cun xantar para socios e familias.

Tamén participa nas festas da cidade de Murcia coa instalación dun stand.