Trátase dunha entidade sen fins de lucro e con obxectivos de natureza filantrópica, social e cultural exclusivamente, con Galicia como aglutinante das súas actividades.

Nos seus primeiros estatutos recollíanse como principais fins os de:

  • Crear unha prolongación de Galicia en Murcia
  • Facilitar os medios educativos deportivos e de recreo convintes aos socios.
  • Fomentar e patrocinar a celebración de exposicións de toda índole, especialmente de productos galegos e de artistas da terra.
  • Impartir conferencias, especialmente aquelas que se refiran aos valores galegos ou teñan relación con eles.