No transcurso dunha primeira reunión-cea celebrada o 6 de xuño de 1964 por un reducido grupo de galegos, reunidos polo común amor á súa terra, adoptouse o acordo de constituir unha sociedade de tipo cultural e recreativo, e isto foron as raices do actual Centro Gallego de Murcia.

Se ben a poboación galega na localidade é reducida, os promotores souberon captar aos galegos por afinidade, impulsando as súas actividades con entusiasmo. Foi deste xeito como tivo lugar a consolidación desta colectividade.

Os seus primeiros estatutos foron aprobados o 30 de outubro de 1965 e foron reformados na Asamblea Extraordinaria do 28 de novembro de 1994.

O centro foi declarado de “Utilidade Pública” por acordo do Consello de Ministros de data 20 de xuño de 1975, e entre os seus socios de Honra figura o Excmo. Sr. D. Manuel Fraga Iribarne, por aquel entón Ministro de Información e Turismo.

A este centro foille recoñecida a condición de galeguidade o 8 de setembro de 1988, por Decreto nº 270/88 (DOG nº 188 do 29 de setembro), e conta na acutalidade con 66 socios dos que 46 son galegos.